Loading Events

« All Events

Leandro Carré Alvarellos

30 - Agosto

30aO 30 de agosto de 1888 nace na Coruña o xornalista, dramaturgo, novelista, editor, etnógrafo e lingüísta Leandro Carré Alvarellos. É autor dun Compendio de Gramática galega e dun Diccionario gallego-castellano. Cultivou o xénero narrativo, colaborou en varias revistas de Galiza, Portugal e América, nas que publicou gran número de contos e artigos, escribiu varios traballos etnográficos, mais  sobre todo foi dramaturgo e home de teatro. Membro das Irmandades da Fala transformará o Cadro de Declamación da Irmandade en Escola Dramática Galega, que dirixirá e na que oficiará de escenógrafo e formador de intérpretes. Foi director artístico de Cántigas da Terra. Colaborou no xornal  A Nosa Terra, do que sería director, e fundou xunto con Ánxel Casal a Editorial Lar. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos e da Real Academia Galega.

Details

Date:
30 - Agosto