Cargando eventos

« Todos os eventos

Laxeiro

23 - Febreiro

23 febO 23 de febreiro de 1908 nace en Lalín Xosé Otero Abeledo, Laxeiro. Fillo de emigrantes vive na Habana. Á súa volta comeza a colaborar como artista gráfico nos diarios “El Pueblo Gallego”, “Faro de Vigo” e na revista “Céltiga”. Na década de 1930 irrompe no panorama artístico galego como un dos artistas novos máis interesantes. Coñece a Carlos Maside e Luís Seoane e implícase de cheo no movemento renovador da arte galega. Pertenceu ao partido galeguista. Nos anos 70 Laxeiro comeza a ser recoñecido e leva unha intensa actividade como pintor. Estamos xa diante dun pintor recoñecido e en plena madurez artística. En 1981 inaugúrase a Colección Laxeiro en Vigo, xerme do que hoxe é a Fundación que leva o seu nome.

Detalles

Data:
23 - Febreiro