![Cargando eventos](http://almanaquedasirmandades.gal/wp-content/plugins/the-events-calendar/src/resources/images/tribe-loading.gif)
La Voz de la Caridad
15 - Marzo
O 15 de marzo de 1870 aparece “La Voz de la Caridad”. Fundada e dirixida por Concepción Arenal, ao longo dos catorce anos de vida chegou a publicar máis de catrocentos artigos en que non cesou de denunciar a situación das prisións e en que expoñía o estado e sentido da beneficencia. Para Concepción Arenal a educación era a única esperanza de rexenerar á sociedade.