Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

“La Tierra gallega”

8 - Abril

8 aO 8 de abril de 1894 ve a luz “La Tierra Gallega”, periódico bisemanal de “intereses regionais”,  fundado na Habana por Manuel Curros Enríquez ( e non en 1893 como di na portada) . Incluía temas políticos, científicos e poesías en galego, entre outros de Curros, Rosalía, Añón ou Lugrís Freire.  Na editorial do primeiro número, Curros Enríquez reflexiona en ton pesimista sobre o exercicio da literatura e o xornalismo, ao tempo que critica o réxime político emanado da Restauración española, caracterizado polo caciquismo e o centralismo.

Detalles

Data:
8 - Abril