Cargando eventos

« Todos eventos

La Draga

20 - Agosto

20 de agosto de 1933 Aparece na Coruña, La Draga. Semanario satírico e anónimo, dirixido por Francisco Rey Barral, que fora membro das Irmandades da fala e militante Radical-Socialista, nela colaborarán moitos dos futuros articulistas de Claridad e SER, entre eles Casal, Seoane e Víctor Casas.  Nace co propósito específico de combater o antiautonomismo e republicanismo de circunstancias solapado na FRG de Casares e contra a Agrupación a la Tercera República formada polo republicano conservador César Alvajar. A partir do número 6 transformouse en La Draga, Semanario de Crítica política, experimentando unha maior concreción e seriedade nos seus contidos críticos.

Detalles

Data:
20 - Agosto