Cargando eventos

« Todos os eventos

Julio Rodríguez Yordi

10 - Xaneiro

10 xan (RAG)O 10 de xaneiro de 1963 Julio Rodríguez Yordi, escritor e académico coruñés, envía ao presidente da Real Academia Galega Sebastián Martínez-Risco os resultados da investigación realizada para datar a publicación de Cantares Gallegos e concluíndo que a data do 17 de maio, posta por Rosalía de Castro, corresponde exactamente ao remate do libro. Meses despois da lectura deste informe, os académicos, Xesús Ferro Couselo, Manuel Gómez Román e Francisco Fernández del Riego, propoñen que se marque o 17 de maio para recoller o “latexo material da actividade intelectual galega”. Comeza así o camiño do Día das Letras Galegas.

Detalles

Data:
10 - Xaneiro