Cargando eventos

« Todos eventos

Juana de Vega

22 - Xuño

O 22 de xuño de 1872, morre Juana de Vega. Despois de acompañar o seu home, o xeneral Espoz y Mina, nun exilio por Inglaterra e Francia, á morte deste Juana de Vega regresa á Coruña. Nos últimos trinta anos da súa vida os salóns da súa casa  serían o punto de reunión da sociedade liberal coruñesa, cidade onde exercería ademais como mecenas, exemplo disto é o caso do violinista Pablo Sarasate ou o seu apoio aos Xogos Florais de 1861. Outra das súas constantes dedicacións foi a beneficiencia. O seu labor foi fundamental para conseguir que Galiza contase cun Hospital Psiquiátrico en Conxo, ubicación suxerida por ela mesma. A súa última vontade foi a creación dunha Fundación para crear unha escola de agricultura que mellorase a formación dos agriculturos da provincia da Coruña, fundación que chega ao día de hoxe.

 

Detalles

Data:
22 - Xuño