Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Juana de Vega

7 - Marzo

Juana de VegaO 7 de marzo de 1805 nace na Coruña Juana María de la Vega Martínez y Losada, coñecida como Juana de Vega. Naceu no seo dunha familia liberal e ilustrada, seu pai foi dos principais organizadores e patrocinadores do pronunciamento de Porlier a favor da Constitución de 1812. Desde nena recibiu unha esmerada educación en letras e humanidades. En 1820 –tiña quince anos–, coñece a Francisco Espoz y Mina, co que casa en 1821 e ao que acompañará ao exilio polas súas ideas liberais. Xa viúva e co título de condesa de Espoz y Mina, regresa á Coruña. A súa casa, un espazo de liberdade para a conspiración e a discusión políticas, convértese no punto de reunión da sociedade liberal coruñesa así como dalgúns dos implicados no Levantamento de 1846. Realiza tamén un destacado labor asistencial como o coidado de nenos orfos e enfermos do Hospital da Caridade. Cabe salientar a estreita relación de amizade e colaboración con Concepción Arenal e a ela se une nas peticións de indulto para os condenados a morte. Outra das súas preocupacións foi a educación: fundou e financiou unha escola para nenos pobres e unha escola gratuíta para adultos. A súa última vontade foi a creación dunha escola teórico–práctica de agricultura.

Detalles

Data:
7 - Marzo