Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Juan Tizón

23 - Xaneiro

Juan TizónO 23 de xaneiro de 1895 nace na Coruña Juan Tizón Herreros, escritor e político. Traballou no ferrocarril e foi dirixente da agrupación socialista local da Coruña. Por motivos de traballo, trasládase a Monforte de Lemos e nas eleccións xerais de 1931 sae elixido deputado do PSOE, pero por irregularidades na provincia repetíronse as eleccións e perdeu a acta. En xullo de 1936, era alcalde de Monforte e intentou organizar a resistencia local á sublevación fascista formando unha milicia local e incautando armas, mais finalmente tivo que fuxir a Portugal. Foi condenado a morte en rebeldía. Publicou en 1925 un libro de relatos en castelán e, entre 1937 e 1938, escribiu o poema satírico en galego Seis cregos escollidos (Versos divinos), publicado postumamente.

Details

Date:
23 - Xaneiro