Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Juan Rof Codina

31 - Agosto

31aO 31 de agosto de 1874  nace o veterinario e divulgador Juan Rof Codina. Rof Codina é o máis coñecido dun grupo de técnicos agropecuarios, moitos deles non nacidos en Galiza pero que traballarán aquí e desenvolverán unha inatensa actividade a prol da renovación técnico-productiva da agricultura galega. Escribiu o seu primeiro artigo sobre a gandería galega nun xornal lugués en 1899, ao que seguirían arredor de tres milleiros de traballos. Moi pronto iniciou tamén a relación co grupo da revista Prácticas Modernas da Coruña. Participou no movemento agrarista, especialmente en Solidaridad Gallega e en case todas as asembleas agrarias galegas, colaborando activamente con sindicatos, sociedades agrarias e sociedades de seguros mutuos gandeiros. Foi  un dos máis destacados participantes da tertulia do Hotel Méndez Núñez, xunto a outros recoñecidos lucenses como Ánxel Fole, Luís Pimentel ou Manuel María.

Details

Date:
31 - Agosto