Cargando eventos

« Todos os eventos

Juan Manuel Paz Nóvoa

4 - Maio

Juan Manuel Paz NóvoaO día 4 de maio de 1839 nace en Ourense o avogado, xornalista e político Juan Manuel Paz Nóvoa. Cursou Dereito en Compostela e exerceu a docencia en Bilbao, Ourense, Ribadeo e A Coruña. Exerceu como avogado na Coruña, sendo un dos defensores de Curros Enríquez no xuízo seguido contra el logo da publicación de Aires da miña terra. Militou no Partido Republicano Federal e formou parte da Xunta revolucionaria de Ourense en 1868. Fundou e colaborou en varios xornais. No Álbum de la Caridad (1862) aparecen poemas seus. Falece en 1895.

Detalles

Data:
4 - Maio