Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Juan Flórez

9 - Xaneiro

Juan FlórezO 9 de xaneiro de 1799 nace en Ferrol Juan Flórez Freire, un grande impulsor do ferrocarril en Galiza. Estudou a carreira naval ingresando no corpo das Gardas Mariñas na Academia de Ferrol. Trasladado ao Coruña, foi Alcalde da cidade en dúas ocasións e no seu mandato iniciáronse as obras do novo peirao e do Hospital Militar. Foi Deputado en Madrid, o que aproveitou para intentar mellorar as comunicacións ferroviarias en Galiza e máis concretamente para conseguir axudas para a construción da liña de ferrocarril A Coruña–Madrid. A inauguración destas obras tiveron lugar en setembro de 1858. En 1900, o Concello da Coruña dá o nome de Juan Flórez a unha rúa que era a principal estrada de saída e entrada na cidade e que se chamaba até ese momento Camiño Novo. 

Details

Date:
9 - Xaneiro