Loading Events

« All Events

Juan Antonio Suárez Picallo

12 - Agosto

12aO 12 de agosto de 1936 é asasinado o político e xornalista Juan Antonio Suárez Picallo. Desde moi novo colaborou nas asociacións galeguistas e foi dirixente do Partido Galeguista nas Mariñas. Será presidente e máximo dinamizador do Ateneo de Cultura Política y Social de Sada e colabora asiduamente nos xornais A Nosa Terra e El Pueblo Gallego. No golpe militar permaneceu escondido na zona de Meirás,  trasladándose logo á Coruña onde  o 11 de agosto de 1936 é detido polos fascistas. Torturado e asasinado, o seu  cadáver aparece ao día seguinte no monte de Abeleiras en Veigue-Sada.

Details

Date:
12 - Agosto