Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Joseph Sellier filma Entierro del General Sánchez Bregua

20 - Xuño

20xO 20 de xuño de 1897 Joseph Sellier filma na Coruña  Entierro del General Sánchez Bregua. No seu gabinete fotográfico da rúa de San Andrés o 17 de outubro dese ano presentará, ademais de varios varios títulos do catálogo Lumière, os seus propios filmes  Entierro del General Bregua, Fábrica de Gas, Plaza de Mina e Orzán, Oleaje. As sesións “desde las 6 hasta las 10 de la noche”, eran os xoves, sábados e domingos. Ás películas anteriormente citadas, no mesmo ano seguirán outros dous títulos centrados na Coruña, San Jorge, salida de misa e Cantón Grande. Sellier, nas súas filmacións vaise centrar fundamentalmente en aspectos urbanos, sociais e económicos da Coruña a fins do século XIX.

Detalles

Data:
20 - Xuño