Loading Events

« All Events

José Villaamil y Castro

27 - Setembro

27sO 27 de setembro de 1910 morre o arquiveiro, bibliotecario, anticuario e historiador José Villaamil y Castro. É autor de monografías e artigos sobre temas históricos e arqueolóxicos en xornais e revistas da época, entre eles Museo Español de Antigüedades, El Arte en España, Semanario Pintoresco Español ou La Ilustración Gallega y Asturiana. Foi académico correspondente da Real Academia de Historia, de Belas Artes de San Fernando, de Ciencias de Lisboa, do Colexio Internacional de Ciencias, Artes e Letras de Milán, socio de mérito da Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago e Cronista da provincia de Lugo.

Details

Date:
27 - Setembro