José Suárez Duque
17 - Setembro
O 17 de setembro de 1923 morre na Coruña o sindicalista, xornalista, escritor e carpinteiro de profesión José Suárez Duque. Foi un dos cadros da Federación Sindical Obrera. Dirixiu o periódico Tiempos Nuevos e representou ao anarcosindicalismo coruñés no Congreso Sindical de Londres e na Conferencia Nacional Anarquista de Barcelona. Na Confederación Regional Galaica-CNT José Suárez Duque asumiu tanto a secretaría como a dirección do seu voceiro semanal Solidaridad Obrera.