Cargando eventos

« Todos os eventos

José Suárez

5 - Xaneiro

n 5 xan (Xunta)O 5 de xaneiro de 1974 morre na Guarda José Suárez. Fotógrafo recoñecido, expuxo a súa obra en Madrid e París. No ano 1936 a produtora cinematográfica Cifesa encárgalle un filme documental sobre os mariñeiros. Empeza a rodar Mariñeiros, acompañando a reportaxe cinematográfica coas súas fotografías, mais o golpe de estado e a guerra varreron con todo. Antes de que poida estrear o filme ten que fuxir cara Arxentina. Alí fai cinema e traballa como fotógrafo para “La Prensa” e traba amizade con Luís Seoane, Núñez Búa, José Bergamín, Lois Tobío… Colabora con Life e outras revistas. A súa obra pode relacionarse coa fotografía humanista, co ser humano e o seu contorno como tema central.

Detalles

Data:
5 - Xaneiro