Cargando eventos

« Todos eventos

José Signo

29 - Maio

29 mO 29 de maio de 1952 morre José Signo Garcés, actor, cineasta  e xornalista. Traballou como xornalista  en periódicos galegos e en 1929 participou na creación da produtora Vicus Films. En La tragedia de Xirobio (1930) leva ao cine, nunha  adaptación libre, Xa van alá moitos anos, unha das Cousas de Castelao. Protagonizada por Julio Rúa e outros actores da Agrupación Dramática Galega, respondía ao intento da empresa viguesa de crear unha mínima infraestrutura cinematográfica galega. No 2000 o CGAI comezou a restauración do filme. Dunha primeira análise das imaxes os expertos atoparon nesta obra influencias procedentes dos cineastas primitivos norteamericanos e soviéticos.

Detalles

Data:
29 - Maio