Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

José Seijo Rubio

15 - Outubro

15 oO 15 de outubro de 1881 nace José Seijo Rubio, pintor recoñecido como un dos máximos expoñentes da pintura postimpresionista. Foi un dos organizadores da Exposición Rexional do Centro Galego de Madrid que será sinalada por el mesmo como o punto inicial do desenvolvemento da nosa pintura contemporánea. A partir de aquí vai relacionarse co que será o mundo artístico das Irmandades da Fala e os impulsores da II Exposición Rexional de 1917 celebrada na Coruña. Foi nos anos vinte cando Seijo Rubio realizou algunhas das súas mellores pinturas, Pórtico da Gloria, o tríptico O Porto, a paisaxe da Ría de Betanzos titulada La Marisma e Cego de Santa Margarida. Foi nomeado Delegado Rexio de Belas Artes na Provincia da Coruña e en 1926 logra para Sobrado dos Monxes a declaración de Monumento Histórico Artístico. Durante a Guerra Civil e a ditadura, desde as institucións oficiais traballou activamente na tarefa de impulsar a arte e a cultura na cidade da Coruña participando na creación do Museo Provincial de Belas Artes, do que sería o seu director. Foi membro correspondente da Real Academia Galega e membro de número da Real Academia de Belas Artes.

Details

Date:
15 - Outubro