Cargando eventos

« Todos eventos

José Rodríguez de Vicente

20 - Setembro

20sO 20 de setembro de 1958 morre o xornalista e contador de historias José Rodríguez de Vicente, coñecido como Joselín, pioneiro na arte da narración oral. Emigrado en Uruguai traballa de xornalista no semanario Tierra Gallega e crea o personaxe de Joselín para contar contos. De volta a Galiza fundou as Irmandades da Fala de Baiona, onde foi tamén alcalde. Fixo incursións no teatro estreando Terra Nai no teatro García Barbón. Novamente emigrado, en Bos Aires foi director da revista España, organizou unha compañía de teatro, elaborou guións para filmes e documentais en colaboración con Suevia Films e conduciu o primeiro programa de radio galega La Hora Gallega.

Detalles

Data:
20 - Setembro