José Núñez Búa
31 - Decembro
O 31 de decembro de 1897 nace en Tenorio o xornalista José Núñez Búa. En 1923 trasladouse a Vilagarcía, para dirixir o colexio León XIII, até daquela dirixido polo seu tío Joaquín Nuñez, activo xornalista en periódicos como La Zarpa e dirixente agrarista. Núñez Búa foi membro da Irmandade da Fala de Vilagarcía, do Partido Galeguista e do Seminario de Estudos Galegos desde a súa fundación. Xa no exilio arxentino mantivo unha activa militancia galeguista, colaborou coa BBC a través da difusión de “Galician Programme”, foi promotor do Instituto Argentino de Cultura Gallega de La Plata e autor de “Revoeiras”, “Escolma de textos con Galiza ao fondo” e “Vida e paixón de Castelao”.