Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

José Manuel Antonio Lustres Rivas

10 - Novembro

10n10 de novembro de 1936 é asasinado o xornalista e escritor José Manuel Antonio Lustres Rivas. Nos primeiro días do golpe de estado Manuel Lustres foi detido nas oficinas do Faro de Vigo e encarcerado no presidio da Illa de San Simón, onde estivo até o 9 de novembro. O día 10 o seu corpo apareceu no Alto da Cuncheira, na parroquia de Trasmañó (Redondela). Como xornalista participou activamente en múltiples xornais e revistas, entre outros Galicia Nueva, El Miño, Gaceta de Galicia, El Heraldo Gallego, La Crónica de Vigo, Galicia, Vida Gallega, El Faro de Vigo, A Nosa Terra e El Liberal. Foi director de El Heraldo Gallego, dirixiu o semanario Acción Viguesa e redactor xefe do xornal vigués Galicia. Foi membro do célebre faladoiro do Café Colón de Santiago, xunto con figuras como Castelao ou Ramón Cabanillas. Autor de ensaio e narrativa dedicou especial atención ao teatro.

Detalles

Data:
10 - Novembro