Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

José Luís Varela Iglesias

10 - Xuño

O día 10 de xuño de 1924 nace en Ourense o profesor e escritor José Luís Varela Iglesias. Discípulo de Vicente Risco, estudou o bacharelato en Ourense onde funda a revista Posío. Comezou Letras na Universidade de Santiago de Compostela e acabounas en Madrid. Doutor en Filoloxía Románica pola Universidade Complutense de Madrid. Catedrático de Literatura española na Laguna, Valladolid e Madrid. Vicerreitor da Complutense. Lector de español en Colonia. Entre as súas obras están: Poesía y restauración cultural de Galicia en el siglo XIX (1958), Tradición e innovación en Cunqueiro (1992), A literatura do exilio galego en América (1995).

Detalles

Data:
10 - Xuño