Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

José García Acuña

10 - Xuño

José García AcuñaO día 10 de xuño de 1933 falece na Coruña o diplomático e escritor José García Acuña. Nado en Betanzos en 1873, estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Tras ingresar en 1896 na carreira diplomática, foi vicecónsul e cónsul en distintos lugares, entre eles: Nova York, Chicago, Porto Rico, Panamá, Bombai e A Habana. García Acuña colaborou en distintos medios: El Globo, Blanco y Negro, La Esfera e Diario de la Marina. Tamén foi director de El Noroeste. En 1922 presidiu a Federación Provincial Agraria. No ano 1932 ingresa na Real Academia Galega. Irmán de Fernando García Acuña, entre outros libros é autor de El regionalismo (1918).

Detalles

Data:
10 - Xuño