Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

José Fernández y Neyra

1 - Xaneiro

Proezas de GaliciaO 1 de xaneiro de 1790 nace na Coruña José Fernández y Neyra escritor –do prerrexurdimento– e militar, autor de Proezas de Galicia, a primeira obra –un diálogo propagandístico– de autor coñecido impresa en lingua galega. 

Secretario da Xunta Suprema do Reino de Galicia, coa chegada dos franceses a Galiza converteuse en guerrilleiropercorrendo o país incitando os galegos á rebelión. Na guerra contra os franceses non só se combatía coas armas senón tamén coa pluma. O propio Fernández y Neyra que loitou ás ordes do Marqués da Romana– trasladou despois ao papel episodios históricos baseados nas súas propias experiencias. 

Proezas de Galicia enxalza as “fazañas” dos galegos contra as tropas napoleónicas a través do diálogo entre dous labregos, Chinto e Mingote, que contan as súas vivencias na guerrilla. No tocante ao estilo, a obra destaca polo uso de rexistros propios da lingua oral. 

Profundamente liberal, Fernández y Neira tivo que exiliarse en 1814, aínda que retornou en 1920, sendo encargado da liquidación das rendas da Inquisición, e oficial primeiro da Deputación da Coruña.  

Detalles

Data:
1 - Xaneiro