- Este evento pasou.
José Cornide
22 - Febreiro
O 22 de febreiro de 1803 morre José Andrés Cornide de Folgueira y Saavedra, xeógrafo, naturalista e humanista, membro destacado do movemento ilustrado. Foi rexedor da cidade da Coruña, fundador da “Sociedade Económica de Santiago”, fundador da “Academia de Agricultura del Reino de Galicia” e secretario da “Real Academia da Historia”. Realizou numerosos estudos sobre historia, xeografía e economía de Galiza. A obra de Cornide é ampla e variada. Sobre temas científicos salientan os traballos relativos a peixes e pesca e os informes sobre minas. Sábese que escribiu poesía en lingua galega