Loading Events

« All Events

José Baldomir Rodríguez

26 - Novembro

26nO 26 de novembro de 1865 naceu na Coruña o compositor José Baldomir. Membro das Irmandades da Fala desde os seus inicios cultivou diversos xéneros destacando como compositor de obras para voz e piano. Case toda a súa obra está baseada en textos da nosa literatura, entre os que se encontran Ti onte, mañán eu de Rosalía, Monte Branco de Pondal, Camiño da ermita de Cabanillas ou ¿Cómo foi? De Curros. Sobre a letra de Salvador Golpe compuxo a famosa balada Meus Amores. Ademais da composición desenvolveu un importante traballo na dirección de orfeóns, dirixindo entre outros o Liceo Brigantino e El Eco. Foi membro da Real Academia Coruñesa de Belas Artes e membro numerario da Real Academia.

Details

Date:
26 - Novembro