Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Jesús Bal y Gay

23 - Xuño

Bal y GayO día 23 de xuño de 1905 nace en Lugo o músico e musicólogo Jesús Bal y Gay. Logo de pasar a infancia e a mocidade en Lugo, en 1925 ingresa na Residencia de Estudantes de Madrid onde coñece a García Lorca e Rafael Alberti. En 1927 ingresa no Seminario de Estudos Galegos e comeza a súa investigación da música popular tradicional. Trasládase a Inglaterra en 1935 como lector de español en Cambridge. Máis tarde viaxa a México –alí foi nomeado xefe da Sección de Investigacións Musicais do Instituto Nacional de Belas Artes Mexicano– onde permanece ata 1965, que regresa definitivamente a España. Falece en 1993.

Details

Date:
23 - Xuño