Jaime Solá Mestre
9 - Xaneiro
O 9 de xaneiro de 1940 morre Jaime Solá Mestre escritor e xornalista. En 1903 mercou o xornal “El Independiente de Vigo”, que pasou a chamarse “Noticiero de Vigo”. En Madrid, formou parte da redacción de “El Globo” e colaborou noutros xornais. Dirixiu as revistas “Poquita Cosa” e “Vigo Juvenil” e a revista “Vida Gallega” desde a súa creación en 1909 até fins da súa primeira época en 1938. Foi membro da Real Academia Galega.