Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Isabel Zendal

26 - Febreiro

Expedición BalmisO 26 de febreiro de 1773 nace na Agrela (Parada, Ordes) Isabel Zendal Gómez enfermeira e reitora do Hospital de Caridade da Coruña. Participou na Real Expedición Filantrópica da Vacina de Francisco Xavier Balmis coidando dos 22 nenos da Casa de Expósitos da Coruña. Isabel xa comezou –con 20 anos– a traballar no Hospital de Caridade da Coruña, que fundara Teresa Herrera, primeiro de axudante e despois de reitora. Dende o porto da Coruña, o 30 de novembro de 1803, saía a expedición que levaría a vacina da varíola a América con 37 persoas na corveta María Pita. Isabel Zendal viaxa a bordo para atender a saúde dos 22 nenos que serían portadores da vacina para erradicar a varíola en América. O seu propio fillo, Benito Vélez, de nove anos, era un deses 22 nenos. A Organización Mundial da Saúde (OMS), en 1950, recoñece a Isabel Zendal Gómez como a primeira enfermeira da historia en misión internacional.

Details

Date:
26 - Febreiro