Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Isaac Díaz Pardo

22 - Agosto

22aO 22 de agosto de 1920  nace en Santiago de Compostela Isaac Díaz Pardo. Fillo de Camilo Diaz Baliño, destacado membro das Irmandades da Fala asasinado nos primeiros días do golpe de estado, no obradoiro de Arte que seu pai ten en Santiago tivo contacto cos máis importantes intelectuais galeguistas do momento, entre eles Otero, Castelao, Cabanillas, Ramón e Antón Vilar Ponte, Risco… En 1936 participa activamente na campaña a prol do Estatuto de Autonomía. Aínda que durante unha época se dedicou por enteiro á pintura pronto a compaxinaría cunha inxente tarefa de preservar, fortalecer e reconstruír a cultura e a memoria de Galiza, acometendo tarefas de empresario cultural, deseñador industrial, escritor, editor, promotor e mecenas de proxectos. Seoane convertiríase no estreito colaborador das súas iniciativas. Co apoio de outros galeguistas, entre os que se contaban Rafael Dieste, Lorenzo Varela, Blanco-Amor e Laxeiro, fundaron en 1963 o Laboratorio de Formas, e desde esta institución proxectos como o Complexo Industrial Sargadelos, Ediciós do Castro, o Real Patronato de Sargadelos e Museo Carlos Maside. Cultivou varios xéneros literarios, o teatro, a crítica, o ensaio  e mantivo unha asidua colaboración nos xornais.

Detalles

Data:
22 - Agosto