Cargando eventos

« Todos eventos

Irmandades da Fala

18 - Maio

xuO 18 de maio de 1916 xorde na cidade da Coruña a primeira Irmandade dos Amigos da Fala.   Antón Vilar Ponte convoca unha xuntanza nos locais da Academia Galega á que asistiron arredor de 20 persoas, entre as que se encontraban Manuel Lugrís Freire, Florencio Vaamonde Lores, Uxío Carré Aldao, Lois Porteiro Garea, Micaela Chao Maciñeira, Francisco Tettamancy ou Ramón Vilar Ponte, entre outros. Nesta xuntanza acordouse a creación dunha Irmandade dos Amigos da Fala que tería como obxectivo a defensa, exaltación e fomento da lingua de Galiza. Nace así a primeira iniciativa consciente de normalización do idioma galego. Axiña se foron creando outras: Santiago, Monforte,Vilalba, Ferrol, Vigo, Lugo, Vilagarcía, Cambados, Ourense, Madrid, A Habana… O corpus teórico das Irmandades vai ter como unha das súas bases  a Doctrina nazonalista de Ramón Vilar Ponte.  A nova asociación crea como voceiro desde a súa fundación a revista “A Nosa Terra”.

Detalles

Data:
18 - Maio