Cargando eventos

« Todos os eventos

Irene González Basanta

26 - Marzo

Irene GonzálezO 26 de marzo de 1909 nace Irene González Basanta, unha pioneira na práctica do fútbol en Galiza e no mundo. Non existe constancia, en todo o estado español, doutra muller que fose futbolista nunha época tan temperá como a década de 1920. Ocupaba o posto de gardameta nun equipo federado da Coruña que levaba o seu nome: o Irene C.F.
Comezara xogando no Orillamar, sempre entre homes, e logo formaría o seu propio equipo, o Irene F.C. Adoitaba ir uniformada cunha viseira, xersei branco de colo volto, faldra–pantalón de cor negra e protectores nos xeonllos.
Mais a tuberculose acabou matando a Irene con 19 anos e así acabou a carreira da 1ª muller futbolista en Galiza e en España, a 1ª dianteira centro, a 1ª gardameta, a 1ª capitá, a 1ª en xogar nun equipo de homes, a 1ª en disputar unha competición de fútbol masculina e a 1ª que deu o seu nome a un equipo deportivo.

Detalles

Data:
26 - Marzo