Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Inés Pires de Castro

7 - Xaneiro

Inés PiresO 7 de xaneiro de 1355 falece en Coimbra Inés Pires de Castro. Nada no reino de Galiza en 1320 (ou 1325?). Inés era unha nobre galega, amante –conta a lenda– e talvez esposa do futuro Pedro I de Portugal, que foi executada ás ordes do pai deste, Afonso IV. Sendo unha moza Inés acompaña –como dama de compañía– a súa curmá Constanza que vai casar co infante Pedro I, fillo do Rei Afonso de Portugal. Segundo a lenda, Inés e Pedro fican namorados aínda que a súa relación contará coa firme oposición do Rei Afonso e da Raíña Beatriz que mesmo desterran a Inés en varias ocasións. Logo de morrer Constanza e con Inés desterrada en Alburquerque, Pedro reclama o seu regreso a Coimbra e a parella vive no entorno do Mosteiro de Santa Clara e desta relación nacerán catro fillos. O Rei Afonso ameaza de morte a Inés, e quere que se afaste de Coimbra, mais Inés non lle fai caso á ameaza e, finalmente, en xaneiro de 1355, en presenza dos seus fillos, Inés é degolada. Cando D. Pedro sobe ao trono, outórgalle o seu recoñecemento como raíña de Portugal. Todo o relacionado coa historia e lenda de Inés de Castro e de Pedro I de Portugal foi e segue sendo fonte de inspiración artística e literaria.  

Detalles

Data:
7 - Xaneiro