Loading Events

« All Events

Indalecio Varela Lenzano

14 - Xuño

14xO 14 de xuño de 1940 morre o musicólogo e crítico musical Indalecio Varela Lenzano. Estudou solfexo e canto co músico Juan Montes co que mantivo unha grande amizade. Pasou a maior parte da súa vida en Lugo, onde traballou como funcionario da Deputación Provincial e se dedicou aos seus estudios musicais e a distintas actividades artísticas e culturais. Foi fundador e presidente da Coral Polifónica de Lugo, presidente da Comisión Provincial de Monumentos Históricos e Artísticos de Lugo e membro da Real Academia Galega.

Details

Date:
14 - Xuño