Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Inauguración do Museo do Pobo Galego

29 - Outubro

MPG1jpgO 29 de outubro de 1977 inaugúrase o Museo do Pobo Galego. Será este o herdeiro do Museo Etnográfico creado en 1932 polo Seminario de Estudos Galegos, iniciativa frustrada pola ditadura fascista. En 2016, no centenario das Irmandades da Fala, o Museo do Pobo Galego organizará coa Real Academia Galega e a Deputación da Coruña a exposición Saúde e Terra, irmá(n)s! Esta exposición relatará as orixes, o traballo e a evolución das Irmandades da Fala. Entre as pezas da exposición figuraron tamén obxectos persoais como as lentes de Vicente Risco e de Ramón Cabanillas, os carnés das Irmandades da Fala de Ramón Villar Ponte e Antonia Pardo, o manuscrito autógrafo de Arredor de si, o texto manuscrito do programa da I Asemblea Nacionalista ou a carta-nota ao gobernador civil que anuncia que a Irmandade da Fala se converterá no Partido Galeguista. Entre as audicións da exposición encontrábase a primeira gravación do Himno galego, a cargo do Coro Cantigas e Aturuxos de Lugo.

Detalles

Data:
29 - Outubro