Loading Events

« All Events

Imeldo Corral

7 - Xuño

7 xO 7 de xuño de 1889  nace en Ferrol  Imeldo Corral, considerado como un dos mellores pintores galegos da súa época. É calificado como o poeta da cor, destacando a súa grande mestría para plasmar a luz da mañá e os solpores. Celebra a súa primeira exposición en 1912, unha exposición colectiva de pintores galegos no Centro Galego de Madrid. Nela presenta, ademais dun autorretrato, óleos de paisaxes e mariñas da comarca ferrolá con títulos como Mañán de neboeiro, Unha corredoira, Rio de Sáa e O Souto. En 1917 participa nunha exposición na Coruña en que están, entre outros, Ribas, Germán Taibo, González del Blanco e Manuel Abelenda. Segue expoñendo en Galiza, Madrid, Barcelona e Bos Aires.  Deixou unha produción moi ampla, sobre todo de paisaxes e mariñas da Comarca de Ferrol Terra. Foi membro numerario da Real Academia de Belas Artes.

Details

Date:
7 - Xuño