Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Ildefonso Graña Cortizo

5 - Marzo

Ildefonso GrañaO 5 de marzo de 1878 nace Avión Ildefonso Graña Cortizo, coñecido polo nome de Alfonso Graña e o alcume de rei dos xívaros. Foi un aventureiro e explorador. Moi novo emigrou a Brasil e estableceuse en vilas da selva amazónica aínda que logo se traslada a Iquitos (Perú). Na década dos vinte, Alfonso Graña marcha cara á selva e entra en contacto cunha tribo de indíxenas xívaros cos que establece unha moi intensa relación de modo que, a finais dos anos vinte, Alfonso Graña convértese en líder desas tribos. Graña ensinara aos indios a aumentar a produción de sal e consegue reducir os conflitos entre aguarunas e huambisas. En 1933 un avión de combate das Forzas Aéreas peruanas estrélase en plena selva, un piloto morre e outro queda ferido. Os indios, comandados por Graña salvan a vida do ferido e devolven o cadáver á familia do piloto morto. Isto convérteo nun heroe nacional e o Goberno peruano recoñece oficialmente a soberanía de Alfonso Graña sobre o territorio xívaro e concédelle a explotación das súas salinas.

Details

Date:
5 - Marzo