Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

III Asemblea Nacionalista Galega

16 - Abril

16 aA III Asemblea Nacionalista realizouse en Vigo os días 16, 17 e 18 de abril de 1921. Nesta III Asemblea apóstase por concorrer ás eleccións, aínda que o Directorio resérvase o dereito da decisión final.  Acórdase tamén que todos os grupos se denominen “Irmandades da Fala” pois anteriormente uns  denominábanse “Irmandades dos Amigos da Fala”, outros “Grupo” ou “Xuntanza Nazonalista” ou “Mocedade Galeguista”. Demándase a creación da “Universidade Industrial e Mercantil de Vigo” e as “Cátedras de Filosofía e Cencias” na Universidade de Compostela, así como “a implantación de nocións de literatura galaico-portuguesa” nesta mesma Universidade.

Detalles

Data:
16 - Abril