Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Ignacio Ares de Parga

31 - Xullo

31xO 31 de xullo de 1865 nace en Ourense o  pedagogo Ignacio Ares de Parga Conde. Con 20 anos emigra a Bos Aires e alí residirá até a súa morte. Formou parte da Comisión Redencionista dos Foros Galegos, fundou a Agrupación Rexionalista “A Terra” da primeira Casa de Galicia en Bos Aires e organizaría o seu plan de estudos. É autor de moitos artigos que aparecen nas publicacións da emigración galega. Foi o orientador fundamental da Escola Pro Valle Miñor e director do seu Boletín onde publica artigos de tema educativo e pedagóxico. Vicente Risco, na revista Nós, dedicaríalle a Ares de Parga  o seu artigo Plano Pedagógico para a Galeguizazón das nosas escolas.

Detalles

Data:
31 - Xullo