Iglesia Alvariño
29 - Xullo
O 29 de xullo de 1961 morre o escritor Aquilino Iglesia Alvariño. Estudante en Santiago de Compostela toma coantacto co galeguismo e comezou a participar activamente na vida cultural. Foi director de A Nosa Terra e funda Renacencia. O seu poemario Cómaros verdes está considerado o primeiro libro de poesía de solvencia publicado en galego na posguerra e será o libro que marque o inicio da recuperación da literatura galega nesa etapa. Foi membro da Real Academia Galega.