Loading Events

« All Events

Heraclio Pérez Placer

8 - Novembro

8nO 8 de novembro de 1866 nace, na denominada Praza do Olmo de Ourense, o escritor e xornalista Heraclio Pérez Placer. Comeza a súa vida literaria no ano 1886 da man de Valentín Lamas Carvajal, quen lle publicará no Tío Marcos da Portela moitos dos seus relatos. En 1895 publicouse o que se considera o seu mellor traballo, Contos da terriña, a cargo do editor coruñés Andrés Martínez Salazar. Pérez Placer será colaborador en Álbum Literario, Gaceta de Galicia, El Diario de Orense, El Derecho e As Burgas. Nos seus anos de estudante en Ourense foi alumno Antonio Saco y Arce.

Details

Date:
8 - Novembro