Loading Events

« All Events

Gumersindo Busto Villanueva

21 - Xuño

21 xO 21 de xuño de 1937, morre Gumersindo Busto Villanueva, creador da Biblioteca América, de temática americanista. Nace Gumersindo Busto Villanueva na parroquia de San Martín de Laraño en Santiago de Compostela. Aos quince anos trasládase a Montevideo e logo á Arxentina. Desde a súa chegada ao Río da Prata entra en contacto con diferentes personalidades e sociedades galegas ás que permanceu ligado de por vida. En 1909 Busto volve a Galiza  para asistir a Exposición Rexional que se celebra en Santiago. Asiste á Exposición en calidad de delegado, participa no Congreso de Emigración organizado pola Sociedad Económica de Amigos del País e visita escolas promovidas pola Unión Hispano-Americana pro Valle Miñor. Co fin de recaudar fondos para o sistema educativo e desenvolvemento pedagóxico galego pon en marcha iniciativas como a creación do Patronato de la Universidad de Santiago de Compostela e a creación dunha escola  en Laraño. Representando ao Centro Gallego de Bos Aires  participa  na creación da primeira Federación de Sociedades Gallegas. En 1934 a Universidade de Santiago outórgalle o mérito polo seu gran labor filantrópico e cultural, concedéndolle o título honoris causa.

Details

Date:
21 - Xuño