Guerra da Cal
19 - Decembro
O 19 de decembro de 1911 nace en Ferrol o filólogo e escritor Guerra da Cal. De ideoloxía nacionalista, defensor da integración de Galiza no mundo lusófono Guerra da Cal terminaría por renunciar á nacionalidade española e á posibilidade de regresar ao país. Cando comeza a Guerra Civil está en Madrid e pasa a formar parte das Milicias Galegas. A derrota republicana sorpréndeo en Nova York cumprindo unha misión para o goberno da República. Ficará exiliado nesta cidade norteamericana onde entrará en contacto con outros exiliados. É autor de Lingua e Estilo de Eça de Queiroz, de referencia en todas as universidades do mundo. Publicará varias monografías, ensaios, colaboracións e traducións para antoloxías, dicionarios, enciclopedias e colaboracións en revistas de diferentes continentes. Redixiu as páxinas galegas do Dicionario das Literaturas Portuguesa, Galega e Brasileira. Os seus poemarios marcarán o camiño do reintegracionismo moderno. En 1977 retírase en Estoril. Morre na capital portuguesa en 1994. Guerra da Cal obtería ao longo da súa vida numerosas distincións académicas e institucionais