Loading Events

« All Events

Gonzalo López Abente

24 - Marzo

24 mO 24 de marzo de 1878 nace en Muxía o escritor Gonzalo Francisco López Abente (“24 de marzal do ano 1878 ás catro da serán, que cadrou en domingo, con feira en San Isidro, abrín os ollos á vida e pola fiestra da casa do Cabo da Grixa en que moraban meus pais, ollei craramente un outo cruceiro e que no seu cume agoniaba un mártir cos brazos en crús. Aquel día escoitei a rapsodia máis subrime e fíxeme segrel. Pillei un laúde e con ele ao lombo boteime a cantare polo mundo adiante…”). Cultivou o xornalismo, a narrativa, o teatro e a poesía. Foi membro das Irmandades da Fala e do Seminario de Estudos Galegos, e presidente da Asociación de Escritores de Galicia. Colaborou en “El Noroeste”, “A Nosa Terra”, “Nós”, “Rexurdimento” e “Ronsel”. Como poeta escribiu Escumas da Ribeira, Alento de Raza e De outono, Nemancos e Centileos nas onda. Coa novela O diputado por Beiramar gañou en 1919 a única edición do Premio de Literatura d’A Nosa Terra. O 20 de febreiro de 1921 estreou a súa obra teatral María Rosa, correndo a representación a cargo do Cadro de Declamación das Irmandades da Fala da Coruña.

Details

Date:
24 - Marzo