Loading Events

« All Events

Galicia. Revista Regional

26 - Xullo

Coa data 26 de xullo de 1889 comunica Andrés Martínez Salazar a Murguía que deixará de publicarse Galicia. Subtitulada Revista Regional, apareceu en xaneiro de 1887. De periodicidade mensual, estaba dirixida por Andrés Martínez Salazar. De ideoloxía rexionalista, publicou narracións en galego e castelán, ensaios, biografías, crítica literaria, estudos económicos, filoloxía, arqueoloxía e historia. Entre os seus colaboradores figuraron Manuel Murguía, Curros Enríquez, Marcial Valladares, Enrique Labarta Pose, Benito Losada Astray, Manuel Leiras Pulpeiro, Aurelio Ribalta, Filomena Dato Muruais, Eladio Rodríguez, Francisco Añón, Waldo Álvarez Insua e Alfredo Brañas. O último número da primeira época saíu en maio de 1889, aínda que logo tivo unha segunda época, de xullo de 1892 a xuño de 1893.

Details

Date:
26 - Xullo