Fundación Penzol
5 - Maio
O 5 de maio de 1963 nace en Vigo a Fundación Penzol, fundación que posúe unha das maiores coleccións de folletos, libros, documentos, periódicos, revistas, cartas e manuscritos da historia recente de Galiza. Creouse co obxectivo de dotar a Galiza dun centro de estudos e documentación especializado en Lingua e Literatura galega e co obxectivo de preservar o legado de Fermín Penzol (1901-1981), galeguista que a colaboración coas Irmandades da Fala, militou no movemento nacionalista Mocedade Céltiga e estivo relacionado ao Partido Galeguista.