Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Fuco Gómez

9 - Xullo

Fuco GómezO día 9 de xullo de 1895 nace en Montaña de Agra (OuselleBecerreá) o escritor e político Francisco Gómez Gómez Fuco Gómez. Chegou a Cuba en 19013 e alí pasou a maior parte da súa vida. Comezou s escribir en publicacións como Galicia, Heraldo de Galicia e Eco de Galicia, onde defendía a independencia de Galicia e a súa lingua. Estivo na constitución das primeiras organizacións políticas galegas, é o caso da Irmandade Galega da Habana (1917) e do Partido Autonomista Galego (1919). Volveu a Galicia na Segunda República en 1932 para defender o independentismo, pero fracasou porque os galeguistas víano coma un aventureiro. En 1935 regresou a Cuba. Finado na Habana en 1972 escribiu arredor de medio cento de obras. 

Details

Date:
9 - Xullo