Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

Francisco Lloréns

10 - Abril

Francisco LlorénsO 10 de abril de 1874 nace na Coruña Francisco Lloréns Díaz, pintor paisaxista. Estudou na Escola de Artes e Oficios da Coruña, onde foi alumno de Román Navarro.

A primeira obra importante que Lloréns pinta na Coruña son os “ panneaux” dos teitos do Casino, datados en 1897. Unha vez terminados os seus estudos mercantís que lle impón o seu pai, trasládase a Madrid e ingresa no estudo de Sorolla. Ningún outro pintor galego estudaría co mestre valenciano de quen aprendeu a paixón pola luz na paisaxe.

En 1902 viaxou de bolseiro a Roma, pasando por Barcelona, onde coñeceu a Ramón Casas, Santiago Rusiñol, Gaudí e Enric Galwey. Na capital de Italia residiu catro anos e publicou varias cartas no diario coruñés. “El Noroeste”, asinando Sor Checco.

En 1903 percorreu París (onde quedou seducido por Cézanne e os impresionistas) os Países Baixos e Bruxas, onde residiu preto dun ano antes de tornar a Italia e, en 1906 á Coruña.

Exerceu con mestría o cartelismo, facendo mesmo propaganda para o Deportivo da Coruña, tomando como modelos as damas da alta sociedade.

En 1915 recibe a medalla de ouro na Exposición Universal celebrada para conmemorar a inauguración da Canle de Panamá, e en 1917 realiza a Segunda Exposición de Arte Galega na Coruña na Casa do concello en María Pita. Neste mesmo ano expón nas Galerías Layetanas de Barcelona con Álvarez de Sotomayor. No outono de 1919 acode á primeira Exposición de Arte Galega de Bos Aires e nunha visita a Mondariz, convidado por Ramón Peinador, pinta e decora o escenario do teatro do balneario.

Details

Date:
10 - Abril