
Francisco Javier Sánchez Cantón
14 - Xullo
O día 14 de xullo nace en Pontevedra o historiador Francisco Javier Sánchez Cantón. Doutor en Filosofía e Letras, ocupou unha cátedra na Universidade de Granada. Tamén impartiu Historia Xeral na Universidade Central, sendo tamén vicerreitor. En 1927 foi un dos fundadores do Museo de Pontevedra, xunto con Castelao, Losada Diéguez e Filgueira, entre outros. Nomeado director do Museo do Prado.
Membro da Real Academia Española, da de Belas Artes e director da de Historia. Tamén foi director do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento.